T5. A BIOSFERA
Neste tema vimos un pouco sobre o que é un ser vivo e diferencialo da materia inerte e cales son as funcións vitais.
Tamén aprendimos a diferenciar os diferentes tipos de células. E para que se nos quedara mellor na testa fixemos unhas maquetas das células procariotas e eucariotas animais e vexetais. Estes alumnos de 1º da ESO son uns auténticos artistas, mirade que maquetas tan maravillosas!!!
O mellor para estudar é facer un esquema de todo o aprendido no tema e logo facer un resumo, como aquí vos deixo.
Moito ánimo!!

E como neste tema tivemos que aprender cales son os 5 reinos, e entre eles está o reino dos fungos, que mellor manera de aprender que ir de visita ao monte e facerlle fotos as setas para logo tratar de identificales. E se ti controlas de setas pois entón porque non ir a collelas e comelas, sempre cun adulto que saiba, porque como xa sabedes que hai setas moi velenosas!! asi que moito coidadiño!!!
Pois os alumnos de 1º da ESO estiveron facendo fotos de setas, algunhas son comestibles como os boletus, ou niscalos...pero outras son mortales como a amanita faloide que fotografiou un alumno. Podedes velas aquí!!!
Ademáis de todo isto, tamén fumos ao laboratorio e aprendimos a ver polo microscopio, estivemos vendo células animais e vexetais!!
Se queres coñecer algunha curiosidade máis, podes ver os seguintes vídeos:
Vídeo: como manexar o microscopio
Vídeo: Metamorfosis da mariposa monarca
Crees que é posible o cruzamento entre especies diferentes?
Pois o certo é que sí, ás veces pódese obter descendencia, pero os individuos resultantes non son fértiles. O caso máis coñecido é o das mulas, que é o resultado de cruzar un burro cunha egua. Pero no seguinte vídeo podes coñecer outros casos moi interesantes!!